• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Virxou

Virxou, tamén coñecido como Xose Outón, é un músico e produtor de Galiza. Conocido por ser guitarrista de Ghesgha e formar parte de diferentes grupos de jazz.

Neste novo proxecto, adéntrase nos sintetizadores analóxicos e equipamento físico, con influencias que van dende os 90 ata a actualidade, bebendo de estilos como o synth punk, breakbeat, drum and bass ou techno.

No 2026 saca o seu primer EP autoeditado 'Rotopala', formado por 4 temas nos que a través de ritmos acelerados, un deseño sonoro saturado e unha produción crúa, crea a súa propia identidade sonora. Todo isto cunha estética industrial abandonada.

Fixo o seu debut en directo na Fábrica de Chocolate de Vigo dentro do Teknowäros Fest.

Cun son visceral e sen filtros, está orientado ao directo, priorizando a conexión inmediata co público.

Contratación

Xose Outón

virxou.info@gmail.com

Discografía

Rotopala

VIRXOU

2026, Virxou

Vídeos

Rotopala (Live Set)

VIRXOU

Tal vez tamén che gusten