• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Antonio Otero Quartet

Antonio Otero comeza os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Lugo, a súa cidade natal, onde adquire o título de profesor de saxofón. Continúa os seus estudos no Seminario Permanente de Saxofón de Pontevedra onde recibe clases de Andrés Gomis e Pablo Coello e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra con Abe Rábade e Paco Charlín. Finalmente, obtivo a súa licenciatura de Jazz polo Conservatorio Superior de Música da Coruña. Compartiu escenario con numerosos artistas tanto españois como da escena internacional, colaborou no Xacobe Martínez Quintet, A Tribu, Gastón Rodríguez Quartet, Cats and Monkeys, Mister Feelgood Soul Band, Pontevedra BigBand, The Groovefathers, Ten Jazzmen, Imaxina Sons Orquesta, Orquestra de Jazz de Galicia, Marcos Pin Factor E Reset, Joe Mess Jazz Project, The Syndicate, Pablo Castaño Septet, El Kiki, etc. Participou en numerosos festivais da escena nacional e estranxeira, como o Festijazz 2011 en La Paz e Santacruz (Bolivia) e o European Jazz Contest (Roma).

Antonio Otero Quartet é unha banda formada por músicos cunha ampla traxectoria na escena jazzística a nivel nacional e internacional. Con esta nova proposta propoñen a súa particular lectura dalgúns dos temas máis representativos do repertorio jazzístico vocal achegando a súa propia visión e dándolle un aire novo.

O grupo está formado por Toño Otero (voz e saxo tenor), Felipe Villar (guitarra), José Manuel Díaz (contrabaixo) e Max Gómez (batería).

Contratación

Felipe Villar
(+34) 653 533 082
felipevillar@mundo-r.com

Vídeos

Cannjazz 2015

ANTONIO OTERO QUARTET

Dedicated To You

ANTONIO OTERO QUARTET

Tal vez tamén che gusten