• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Os Irmandiños de Vincios

Os Irmandiños de Vincios. Música tradicional en movemento.

Instrumentos da tradición, gaita, tambor, bombo; con instrumentos de banda, clarinete, saxo, pratos; e máis un acordeón, diátonico. Esta é a mestura de músicas que se dan n'Os Irmandiños de Vincios. Músicas con aroma da terra e prebe de harmonías de concerto festeiro. Músicas que viaxan, que veñen e van.

A orixe dos Irmandiños sitúase nos seráns, nos furanchos, nas ganas de gozar e pasalo ben. A motivación é ir un pouquiño máis alá das notas, ir na procura dunha música propia, máis compartida con todos. A base é o Monte Galiñeiro. O monte que os ancla no chan, que os coloca no universo, que os sitúa no mapa. Desde o Galiñeiro obsérvase o resto do mundo, recóllense puntos de vista musicais para recoñecelos como da casa. Tamén é a plataforma desde onde lanzar a propia visión do mundo, pequeno e acolledor, e dala a coñecer a aquel que os queira escoitar.

Non hai dúbida, o primeiro disco tiña que titularse “Monte Galiñeiro”.

Arranxos de músicas tradicionais e temas propios, instrumentais e cantados, bailables todos. A música d'Os Irmandiños invita a cantar, a bailar, a coñecerse e recoñecerse, e por riba de todo, a gozar da festa.

Contratación

Ismael Salgueiro
(+34) 628 123 347
irmandinhosdevincios@gmail.com

Discografía

Monte Galiñeiro

OS IRMANDIÑOS DE VINCIOS

2012, Inquedanzas Sonoras

Vídeos

Xota de Floreano

OS IRMANDIÑOS DE VINCIOS

Os Irmandiños de Vincios nos Premios Xerais 2013

OS IRMANDIÑOS DE VINCIOS

Tal vez tamén che gusten