• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Kepa Junkera ('Galiza')

O compositor, produtor e músico Kepa Junkera nace en Bilbao en 1965 e vive a súa infancia e xuventude no barrio de Rekalde, o que marcou sen dúbida ningunha o seu carácter. Os seus primeiros contactos coa música véñenlle do seu "aitite" (avó materno), quen nas romaxes de entón acompañaba coa pandeireta á súa filla (nai de Kepa) mentres esta daba os primeiros pasos de baile como parella de Txilibrin.

Dende entón, Kepa Junkera, autodidacta, inquedo e valente, comezará unha longa viaxe polo mundo da música tradicional, creando un estilo propio e marcando un camiño persoal que o levou a converterse nun dos músicos máis internacionais de Euskadi.

Os seus traballos discográficos revolucionaron mundos como o da trikitixa ou mesmo a música tradicional. O seu tratamento das improvisacións ou as diferentes fusións de estilos enriqueceron o panorama musical vasco e aínda que os seus traballos estean fondamente enraizados na tradición, Kepa creou unha música sen fronteiras mesturada cos aromas, ritmos e cores doutros lugares e outras culturas, aberta ao mundo sen complexos, con respecto e sobre todo coa ilusión e a curiosidade de todo aquel que ama o que fai.

Contratación

Discografía

Galiza

KEPA JUNKERA

2013, Fol Música

Vídeos

Galiza

KEPA JUNKERA

Tal vez tamén che gusten