Actor e cantante galego. Durante máis de cinto tempadas deu vida á personaxe de "Mowgli" no "Libro da selva" de Barceló Producciones; obra coa que recorreu gran parte do territorio nacional e abriulle ás portas a outros musicais como "Pocahontas", "El patito Feo" ou os máis recentes "O Mago de Oz" e "Fantastiks". Co seu primeiro traballo discográfico, Martin Maez, amosa unha nova faceta como compositor dos seus propios temas, recopilados baixo o título "Secretos Perdidos". Un traballo producido por RMG music y Pablo Dominguez, ex guitarrista e fundador de "La Quinta estación". Pop fresco, con enerxía e vivencias contadas dunha forma moi personal, é o que ofrece este xoven cantante e compositor de Redondela.
Contratación
MusicarteJosé Saavedra 629 357 984 - (+34) 622 831 562 contacto@musicarte.gal