• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Chicharrón

Case sen darnos conta, a escena do pop en galego consolidouse como algo moi serio, disposto a perdurar no tempo, e que, ademais, camiña en paralelo con outras disciplinas, como o mundo audiovisual, a poesía, a fotografía, o deseño ou o cómic. Tamén, case sen darnos conta, Chicharrón foi gañando peso como un catalizador de todo isto, unha célula creativa absolutamente única polo seu carácter sempre mutante e, ao mesmo tempo, sólida nos seus ideais e conviccións.

O seu novo álbum, “Unha fogueira intacta” (Ferror Records, 2021), continúa a senda do anterior, “Cancións clínicas” (2018), pero tamén posúe unha natureza diferente e, aparentemente, contraditoria. Creouse durante o illamento e a paranoia do estado de alarma e os meses posteriores pero, ao tempo, é o seu disco máis aberto a colaboracións externas. A nivel sonoro, xa non hai as concesións ao pop que aínda quedaban en cancións do seu anterior traballo como ‘Que tiempo fará?’. Agora é todo moito máis asfixiante e esquivo nun proceso que sempre estaba aberto ao achado a través do erro.

“Unha fogueira intacta” é un álbum verdadeiramente inspirador, un novo manifesto humanista e artístico nunha banda sempre inquieta, sempre sorprendente. Chicharrón segue a ser todas as posibilidades porque nunca estivo tan preto de atopalas.

—David Saavedra

Contratación

Chicharrón-Ferror Records
Alberto Vecino
(+34) 699 632 670
chicharronbanda@gmail.com

Discografía

Unha fogueira intacta

CHICHARRÓN

2021, Ferror Records

Cancións Clínicas

CHICHARRÓN

2018, Prenom

Na Cela

CHICHARRÓN

2017, Prenom

Contra Acantilados

CHICHARRÓN

2017, Prenom

Postal

CHICHARRÓN

2016, Prenom

Chicharrón

CHICHARRÓN

2014, Prenom

Vídeos

Outono de fíos eléctricos

CHICHARRÓN

Highway to heaven

CHICHARRÓN

Non creo nada do que venden

CHICHARRÓN

Que Tempo Fará?

CHICHARRÓN

Na cela

CHICHARRÓN

Contra acantilados

CHICHARRÓN

Tal vez tamén che gusten