
Quelibén (caló): manifestación, exhibición.Cando a paixón, o coñecemento e a experiencia se unen, o resultado é sempre único. Todo encaixa, os sons veñen e van coa naturalidad de quen sabe o que quere dicir e como dicilo. Así e Kelibén. Estes catro artistas con elegancia, pero sen límites expresivos, lévannos de viaxe por un mundo de ritmo, movemento e beleza tan espontáneo como fácil de apreciar. Neste espectáculo baile, cante, percusión e guitarra únense como elementos esenciais do flamenco máis honesto e apaixoado, expresándose na dualidade entre a tradición e a vagarda.Isaías Salazar: Sabe elevar o baile flamenco popular á categoría de arte conservando a espontaneidade e a paixón e incorporando a elegancia natural, propia da escola dos Farruco.Rubén Fernández: Iníciase no flamenco co piano, para enamorarse logo da guitarra e do cante.Moisés Fernández: Debuta no flamenco con 15 anos e desde entonces pode presumir de ser un bo coñecedor do seu instrumento. A súa gran intuición e curiosidade permitíronlle participar en espectáculos de flamenco, jazz ou improvisación libre.Miguel Flores: Iníciase no flamenco en Madrid onde entra en contacto con outros aficionados e profesionais do flamenco. Toma clases con Aquilino “Entri” Férnandez e Óscar Herrero. Debuta coa familia Serranito no Festival Flamenco de Ceuta e forma parte de bandas como Miguel Flores Trío, Pesdelán ou Isaías Salazar Trío.
Contratación
Miguel Flores (+34) 665 66 13 13 info@miguelflores.es