Pantis é o proxecto persoal de Rubén Domínguez, creador audiovisual grovense e parte de Prenom. Primeiro coma un bosquexo e despois coma unha realidade mutante, Pantis comeza a coller forma en 2012 en Lisboa, pero é no verán de 2014, xa de volta en Galiza, cando dá o paso de levar os seus temas da computadora aos escenarios.Despois de case dous anos puíndo as composicións co roce do directo, en setembro de 2015 grava o seu primeiro álbum no Estudio Terraforma de Ibán Pérez. “Pranto” (Prenom, 2016) funciona coma un relato circular, percorrendo espazos pechados e minúsculos, nos que as reminiscencias do pasado, a erosión do tempo, o amor e as perdas persoais e vitais conforman un mosaico de non-lugares nos que Pantis se mergulla con versos cargados de fortes imaxes, descricións oníricas e paisaxes interiores.En febreiro de 2018 publica o sinxelo “Mar”, cun videoclip realizado polo propio creador e en febreiro de 2019 “Val” extraída do sinxelo editado por Oscilador Paragüeiro. En outubro de 2019 ve a luz o EP “Baldíos”, colaxe sonora de descartes, ideas e horizontes que anticiparía o seu seguinte álbum. O disco é editado por Prenom nunha tirada en CD moi limitada de copias únicas.En 2021 edita o sinxelo dixital “Thenaisie Provote”, en colaboración coa revista Luzes e Público, no que explora o minimalismo e a electrónica contemporánea, e no que se examina a realidade pospandémica e o auxe das vagas reaccionarias.En novembro de 2025 publica “memoria nova” (Prenom) o seu segundo álbum case dez anos despois do primeiro.
Contratación
PrenomRubén Domínguez (+34) 697 916 892 peitoamateur@gmail.com
