• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Alejo Amoedo

Pianista especializado no repertorio de compositores galegos, realizou estudios de acompañamento vocal en Madrid co lexendario Miguel Zanetti. A súa ampla traxectoria levouno á realización de numerosos recitáis, destacando a estrea de obras de Rogelio Groba, Carlos López García-Picos, Eligio Vila, Juan Durán, Margarita Viso, Luis Carro, Octavio Vázquez, Juan Eiras, Xavier Comensanha, María Mendoza, Paulino Pereiro, entre outros.

Dos seus traballos discográficos destacan o triplo CD “Antoloxía de Compositores Galegos” (Ouvirmos, 2013), xunto ao clarinetista Asterio Leiva; os realizados xunto ao trompetista Rubén Simeó, “Virtuosimo Barroco” (2011), “Fantasy Trumpet” (2012) e “Trumpet Comtemporary” (2013), producidos en Portugal por Jose Lourenço; “Mélodies”, xunto á mezzosoprano Iria Cuevas, gravado no Estudio Mans; “Cantos que veñen de lonxe” (2014), poemas de Neira Vilas musicados por Xervasio Vázquez coa voz de Cesáreo Torres e por último, “Evocación” (Dos Acordes, 2016), obra para piano de Reveriano Soutullo.

Foi pianista acompañante na Escola Superior de Música e dás Artes do Espetáculo (Porto) e na Escola de Altos Estudos Musicais (Santiago de Compostela). Na actualidade é pianista repertorista no Conservatorio Superior de Música de Vigo e forma parte do I+D “Fondos documentales de música nos archivos civiles de Galicia (1875-1951): Ciudades del Eje Atlántico” da USC e asesor da Fundación Soutullo.

Contratación

Independente
Alejo Amoedo
(+34) 629 841 321
alejoamoedo@gmail.com

Discografía

Evocación. Reveriano Soutullo

ALEJO AMOEDO

2016, Dos Acordes

Antoloxía de Compositores Galegos. Clarinete e piano

ALEJO AMOEDO E ASTERIO LEIVA

2011, Ouvirmos

Vídeos

Viaxe pola costa da morte (tres fotografías). Homenaxe ao compositor Luís Carro

ALEJO AMOEDO

Mazurka. Reveriano Soutullo

ALEJO AMOEDO

Las delicias de Manón (polka), Reveriano Soutullo

ALEJO AMOEDO

Dieu qui sourit. Marcial del Adalid

IRIA CUEVAS, MEZZOSOPRANO. ALEJO AMOEDO, PIANO

Sonatina para clarinete e piano. Juan Durán

ASTERIO LEIVA, CLARINETE. ALEJO AMOEDO, PIANO

Czardas, Rafael Méndez

RUBÉN SIMEÓ, TROMPETA. ALEJO AMOEDO, PIANO

Tal vez tamén che gusten