• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Dúo Xistra

O Dúo Xistra é un dúo innovador en canto a súa formación que presenta un programa de música clásica para todos os públicos mediante o cal emprende un percorrido por composicións orixinais e transcritas para esta formación de música de cámara. Este orixinal dúo pretende iniciar a búsqueda dunha nova visión e son para o período que abrangue desde o barroco ata o contemporáneo.

O seus integrantes Juan Cernadas (frauta traveseira) e Nerea Rodríguez (acordeón), estudiaron xuntos no Conservatorio Superior de Música de Aragón, recibiendo clases de importantes intérpretes como Cuarteto Quiroga, Kennedy Moretti, Xelo Giner, Nacho de Paz, André Cebrián, Ángel Luis Castaño, Iñaki Alberdi, entre outros.

Juan Cernadas recibiu o primeiro premio no IV Concurso Ibérico de Música de Cámara, ademáis de tocar só e en orquestra no Royal Albert Hall (Londres), Auditorio Eduardo del Pueyo (Zaragoza), Musikverein (Viena), Sala Mozart (Zaragoza) ou o Auditorio Nacional (Madrid), e formado parte de orquestras como a Gustav Malher Jugendorchester e European Philharmonic of Switzerland. Actualmente continúa o seus estudos recibindo clases de importantes frautistas en Berlín (Alemaña).

Nerea Rodríguez foi becada polo Festival Internacional de Música de Livorno (Italia), 1ª no XXXV Certame Nacional de Acordeón e invitada a festivais como o Festival Internacional de Acordeón de Kiev ou Festival Internacional de Madrid. Actualmente é a acordeonista do Vertixe Sonora.

Contratación

Nerea Rodríguez /Juan Cernadas
636 296 813 - 677 033 149
duoxistra@gmail.com

Vídeos

Sonata no. 2 - J.S. Bach

DÚO XISTRA

Tal vez tamén che gusten