Nado en Vigo en 1984, Iván Fernández iniciou a súa formación musical con Rita Ivaskeviciute.Graduouse en interpretación do piano clásico e contemporáneo na Escola Superior de Música de Catalunya, onde foi mencionado con honores polo seu proxecto de investigación ‘Recursos expresivos en las últimas sonatas de Beethoven’, interpretando en concerto as sonatas op.109, op.110 e op.111 do compositor. En 2015 obtivo o mestrado de interpretación do piano na Ak. Gnessin de Moscova, onde foi galardoado co Diploma Vermello (cum laude), tendo estudiado alí con Vera B. Nosina, catedrática e artista honorífica de Rusia.En 2013 obtivo o primeiro premio e recibiu o diploma á mellor interpretación de música rusa na edición XIV do Concurso Internacional Música Clásica, celebrado en Ruza (Rusia). En 2009 foi finalista no Concurso Internacional de Jóvenes Intérpretes de Llíria e se lle galardoou coa prestixiosa bolsa de excelencia Beca Anna Riera.Ten ofrecido concertos en diversas localidades de ámbito nacional e internacional cun repertorio que comprende desde a música barroca ata a dos nosos días. En 2022 publicou o seu primeiro traballo discográfico con obras de Andrés Gaos e Robert Schumann.Actualmente compaxina a docencia coa interpretación.
Contratación
Iván Fernández 635 022 864 ivanfernandezsotopiano@gmail.com