Sigilu nace en Lugo en 2015 como unha proposta na que se fusionase o acústico co electrónico. O proxecto xorde da unión do malagueño Nacho Cuesta (voz, guitarra) e do ferrolán Pablo Saavedra (batería electrónica) coa intención de explorar a fronteira entre canción de autor, electrónica, rock alternativo e a experimentación sonora. Máis adiante incorpóranse Hugo Rodríguez e Evaristo Frieiro, consolidando a primeira formación estable do grupo.Desa etapa nace “Singularidad o Barbarie” (2017), un traballo onde as estruturas folclóricas se entrelazan con texturas electrónicas e unha forte compoñente melódica, adentrándose en territorios próximos ao trip-hop. O disco foi producido, gravado, mesturado e masterizado por Sigilu, coa colaboración de Arturo Vaquero en Abrigueiro Estudios.Tras esa primeira etapa, o grupo experimenta unha transformación profunda coa despedida de Hugo e Evaristo e a incorporación, en 2021, do baixista lucense Ángel Boquete (NEBRA). A partir de entón, e tras uns anos de creación e traballo, nace “Beta” (2025), un álbum cun son máis denso e expansivo que explora unha converxencia entre o rock progresivo, o metal, o rock alternativo dos noventa e ecos da música española dos sesenta e setenta. Tamén producido, gravado, mesturado e masterizado coa axuda de Arturo Vaquero, “Beta” representa unha evolución radical na identidade de Sigilu.Tool, Steven Wilson, Alice in Chains ou Radiohead son algunhas das influencias que destacan as críticas que recibiu o disco.
Contratación
Angel 637 076 968 sigilumusica@gmail.com
