Cando lanzou Aries, o seu proxecto en solitario, a artista vasca afincada en Vigo Isabel Fernández Reviviriego xa contaba cunha sólida carreira. Comezou tocando a guitarra e cantando en bancas punk da súa cidade natalm, no País Vasco. Ao mudarse a Madrid, formou Charades, onde tocada un pop máis lixeiro baseado, en gran medida, en harmonías vocais. Tamén coñecida como compositora e produtora de bandas sonoras para videoxogos de Playstation, como Melbits Word, cantante na serie “Adventure Time” (Cartoon Network), vocalista de fondo de Delorean... en 2011 comezou a súa carreira en solitario. Foi aí cando descubrimos que na súa cabeza había un universo melódico, caleidoscópico, punk e impredecible. Un mundo no que Brian Wilson, nas melodías, e Leon Tolstoi, nesa mensaxe final que se salta a lei, camiñan alegremente da man bailando ao son de ritmos electrónicos. Bautizou o seu proxecto persoal como Aries, o seu signo do zodíaco, e baixo esta identidade xa produciu catro álbums. O último, “Juramento Mantarraya” (2019), editado polos sellos La Castanya e K Records, está cheo de fermosas melodías, aparentemente complicadas, pero ao mesmo tempo moi simples, onde violíns e frautas se mesturan con sons abstractos. Deste xeito, Aries crea unha orquestra que xera un emocionante mix de ritmos free-jazz, soul e folk, melodías de girl-groups dos 60, sunshine-pop e electrónica experimental.
Contratación
La CastanyaAlbert Guardiá / Joan Guardiá (+34) 667 715 163 albert@lacastanya.com Joan@lacastanya.com