ALEX SILVA (A Coruña / Baltimore, MD)Canadian Duck TapesAlex Silva é un compositor musical e técnico de son da Coruña actualmente vivindo en Baltimore, MD (EE.UU.).Estudou un máster de composición musical de bandas sonoras en ESMUC (Barcelona) en 2010 e Son en Vigo en 2002.O seu proxecto Astroboyz foi seleccionado como alumno por Red Bull Music Academy (Madrid 2012, NYC 2013) e por Converse Rubber Tracks (Boston 2017) como artista de estudo, e editou a súa música en selos como Canadian Duck Tapes (EE.UU.), selo onde publicou e seu álbum debut "Exsamples" nunha edición limitada, ou Melodram Records e Struments Records (Barcelona) onde editou o seu primeiro 12'' "Pianobatacazoo", con remix de Jimmy Edgar.As súas composicións para cine foron seleccionadas polo Festival Internacional de Sitges na selección de Nova Autoría en 2011.O seu primeiro álbum de estudio "MIND PATTERN EXPLORER" (composto en 2015 e editado en 2017) foi gravado por Fernando Mejuto (Ictus) en La Cortina Roja Estudios da Coruña coa colaboración de Hugo Santeiro (Guerrera) e José Gutiérrez (Día de Furia), con Marcos Pazo (Ekkaia) na batería.Alex prepara agora o seu novo disco, gravado nos estudios Converse Rubber Tracks en Boston, mentres rexenta o selo Canadian Duck Tapes e a serie de eventos de música electrónica chamada Cable Salad na cidade de Baltimore, MD (EE.UU.).
Contratación
Canadian Duck TapesAlex +1 4434 675 409 canadianducktapes@gmail.com