• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Mojo Experience

Mojo Experience nace en Compostela no ano 2015 cun estilo moi próximo ao blues clásico. Inicialmente a formación constaba de cinco membros e, tras moitos cambios, a finais de 2016 logra conformarse tal e como é na actualidade; é neste momento cando se pode considerar que comeza a vida do grupo.

Ao longo da meteórica vida da banda, o son vai mutando cara a unha mestura de blues con hard-rock, con esa reminiscencia americana e tamén británica da lendaria escena do rock da década dos 70. Con voces potentes e solos rápidos empastados co característico Hammond e unha base rítmica incombustible, Mojo Experience rebenta os polímetros coa súa electricidade e os termómetros co magma das súas cancións.

Gañadores do concurso Outra+Outra 2016, gravan varias demos que utilizan como promoción. Un ano e medio máis tarde, e máis de 100 concertos despois, gravan o seu primeiro disco, de nome homónimo, no estudo da Casa do Rock, que ve a luz no outono de 2018 e que se presenta na Sala Capitol de Santiago de Compostela esgotando completamente as entradas.

O álbum consta de 7 cancións, que condensan 40 minutos de música feita con garra e tento. Tal e como di Carlos Crespo na súa crítica en "Fugas" (La Voz de Galicia, 12/10/2018): "O de disco de blues queda moi curto”.

Contratación

Olalla Tesouro
606 557 111 - 609 041 737
mojoexperiencesdc@gmail.com

Discografía

Mojo Experience

MOJO EXPERIENCE

2018, Mojo Experience

Vídeos

Shameless (FESTIBLUS, 2018)

MOJO EXPERIENCE

Bad day (Festas Apóstolo, 2018)

MOJO EXPERIENCE

I don't Care (Riquela Club, 2017)

MOJO EXPERIENCE

The juggler (Noia, 2017)

MOJO EXPERIENCE

Tal vez tamén che gusten