Acid Roots nace en 2025 en Compostela como un proxecto que busca revitalizar as raíces da música negra e o rock clásico desde unha perspectiva contemporánea. A banda destaca pola súa capacidade para fusionar xéneros como o rock, o blues, o soul, o R&B e o indie, creando unha atmosfera orgánica. O proxecto está formado actualmente por cinco músicos: Xiana (voz), Miguel (guitarra), Álex (guitarra), Mario (batería) e Jacobo (baixo).A finais de 2025 lanzaron o seu primeiro sinxelo, "The Rope", preludio dun EP de cinco cancións que saíu en marzo de 2026, que tamén incluía os temas "True Moon", "Feel", "Flames" e "Shut Up!". As cancións foron gravadas en dous formatos diferentes (estudio e directo) en estudios de Santiago de Compostela (Centro Xove) e Béjar. Estas gravacións captan tanto o carácter orgánico da banda como a espontaneidade e creatividade das súas actuacións en directo.Neste álbum de estrea, Acid Roots mestura os gustos individuais de cada músico para crear un cóctel de influencias que inclúe bandas e artistas como Santana, Pink Floyd, The Beatles, Led Zeppelin, Queens of the Stone Age, The Killers, Arctic Monkeys, The Kooks, Black Sabbath, Gary Clark Jr., Ron Gallo, Rory Gallagher e Berrogüetto.Acid Roots explora a condición humana a través da insurxencia e a rebelión. As letras afondan en temas de soidade, perda e resistencia social, transformando a vulnerabilidade nunha arma e a introspección nunha forma de liberación.
Contratación
Acid RootsMiguel Búa 625 869 300 - 604078845 acidroots.music@gmail.com
