Maré
Contacto
Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía é un proxecto cultural pioneiro e exclusivo na península, creado en Galiza cunha singular aposta cultural: trazar un mapa común entre os territorios atlánticos a través da música, dos ritmos e dos sons que comparten raíces e orixes comúns. Cantos na Maré é unha iniciativa de aproximación de culturas e do fomento da diversidade, da interacción e da apertura de oportunidades á creación artística e ao intercambio. É unha oportunidade de expansión da nosa música e da nosa cultura, e impulsa a construción colectiva nun mercado internacional.O espectáculo musical, baseado na investigación e no enriquecemento, representa un dos eixes básicos da estrutura do proxecto. Ofrécese un espectáculo único e irrepetible, desenvolvido conxuntamente por un grupo de artistas que comparten escenario por primeira vez e deseñan en común un repertorio exclusivo para a ocasión. Comparten as súas experiencias en Pontevedra, sede do festival, chegados de destinos tan distintos e distantes como Cabo Verde, Angola, Portugal, Brasil, Mozambique, Guinea Bissau e GaliciaCantos na Maré é un proposta de aproximación de culturas, unha ponte que permite un coñecemento mutuo liberado de prexuízos e cunha clara vocación de expansión e divulgación da cultura galega no contexto da lusofonía e alén del.
Promotores: Nordesía Produccións
Ano de creación: 2003
Periocidade: Anual
Duración: Tres días
Lugar de celebración: Santiago de Compostela
Datas aproximadas de celebración: 25-29 de setembro 2024