• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Atlantic Fest

Atlantic Fest

Na impactante beleza da illa de Arousa (Rías Baixas), onde converxen místicos paraxes e as augas máis cristalinas, a maxia xorde de maneira natural.

Nun contorno tan inspirador, a música é a alma de Atlantic Fest. A nosa maior satisfacción é poder acoller artistas, que poden ser xa coñecidos por un público amplo compartindo cartel con outros máis pequenos, en busca da súa grande oportunidade.

Se forman parte de Atlantic Fest é porque son brillantes, encántannos e atopamos que a súa proposta está chea de calidade. Cada minuto pasado en Atlantic Fest ten a súa propia banda sonora.

Un cordial sentimento familiar é parte esencial de Atlantic Fest. Con diferentes actividades para desfrutar cos máis pequenos, o festival convertese no escenario perfecto para que os país constrúan grandes recordos que permanecerán na memoria dos nenos para sempre.

Atlantic Fest é un espacio preparado para acoller a todos os libres pensadores, a almas inquedas, a espíritus libres que borran as barreiras entre artistas e público, porque só todos xuntos creamos a maxia nun espazo ao que hai que vir preparado para descubrir, experimentar e coñecer novos amigos.

Promotores: New Live

Ano de creación: 2016

Periocidade: Anual

Duración: Todo o ano

Lugar de celebración: Illa de Arousa (Rías Baixas)

Datas aproximadas de celebración: 21-23 de xullo 2023

Tal vez tamén che gusten