• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

TRECE PROXECTOS GALEGOS ENTRE OS FINALISTAS DA XVII EDICIÓN DOS PREMIOS MIN

TRECE PROXECTOS GALEGOS ENTRE OS FINALISTAS DA XVII EDICIÓN DOS PREMIOS MIN
27 MARZO 2025

Un xurado composto por profesionais do sector acaba de elixir aos 5 nomeados aos Premios MIN en cada categoría, de entre os semifinalistas que votara o público. Lideran os nomeamentos dous proxectos galegos, Baiuca e BALA, incluídas as de ‘Álbum do Ano’ por Barullo e ‘Álbum de Rock’ por Besta. Ademais, os traballos de Baiuca, A Pedreira, Ortiga, The Rapants e Xosé Lois Romero son os que optan a alzarse co premio a ‘Álbum en Galego’.

Caamaño&Ameixeiras, Carlos Ares, Abe Rábade, Baldo Martínez, Carlangas, León Benavente* e Xoel López completan a lista de finalistas da nosa terra.

Os gañadores desta XVII edición dos Premios MIN daranse a coñecer o vindeiro 29 de abril na gala de entrega que se celebrará no Gran Teatro Caixabank Príncipe Pío en Madrid.

 

Baiuca

Ver en galiciantunes | Entrevista en  galiciantunes (22/06/20)

Álbum do Ano (Barullo) · Gravación de Electrónica (Barullo) · Álbum en Galego (Barullo)

Bala

Ver en gaiciantunes | Entrevista en galiciantunes (21/06/21)

Álbum de Rock (Besta) · Directo (Azkena Rock Festival 2024) · Produción Musical (Santi García: Besta)

CAAMAÑO&AMEIXEIRAS

Ver en galiciantunes

Artista Emerxente · Videoclip (“Catro Cousas", dirección: Jorge Rojas)

Carlos Ares

Artista Emerxente · Álbum de Pop (Peregrino)

Abe Rábade

Ver en galiciantunes

Álbum de Jazz (Tempo de cor)

A Pedreira

Álbum en Galego (Basal

Baldo Martínez

Álbum de Jazz (Música Imaginaria)

Carlangas

Ver en galiciantunes

Álbum de Pop (Bailódromo, Vol. 1)

Leon Benavente*

Produción Musical ( Martí Perarnau, León Benavente: Nueva sinfonía sobre el caos) · Deseño Gráfico (Emilio Lorente / Gozz Records)

Ortiga

Ver en galiciantunes

Álbum en Galego (Obra social)

The Rapants

Ver en galiciantunes | Entrevista en galiciantunes (03/04/23)

Álbum en Galego (La máquina del buen rollo)

Xoel López

Ver en galiciantunes

Directo (Albatros, Sesiones Espíritos IX)

Xosé Lois Romero

Álbum en Galego (A mulher lyrio)

 

  noticias