• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Xoana

O meu nome é Xoana e cos meus 20 anos estou inmersa nun proxecto musical que ten coma principal aliada a lingua galega, promocionando o uso desta coa axuda de ritmos coma o pop, o rock, o jazz, o funky e mesmo o reggae. “Dardos” (2018) é o disco co que acabo de irromper no mundo da música e utilizo así esta coma un medio de denuncia. Todas as cancións xiran arredor de temas actuais que precisan ser escoitados e que mellor que a música para invitar a realizar cambios!

As letras teñen unha mensaxe social e expresan queixas resumidas no título dos temas cunha soa palabra, a modo de dardos, pequenos mais precisos.

Por outra banda, “Dardos” está orientado a achegarlles ós máis novos a música galega e en galego, e que asemade a sintan como algo propio, de xeito semellante ó que eu experimentei.

Son os prexuízos e a ignorancia os que limitan un idioma, e é ben sabido o sufrimento que estes lle causaron ó longo dos anos á cultura de Galicia; é por iso polo que me empeño en demostrar a súa valía a través deste disco.

Por un galego que derrube fronteiras e estea libre de prexuízos! A música move o mundo e así se marcan os cambios.

Contratación

Juan José Veiga Teijeira
677 798 063 - 628 040 658
xoanaveigamartinez@gmail.com

Discografía

Dardos

XOANA

2018,

Vídeos

Mártires

XOANA

Tal vez tamén che gusten