Furacán é rock treboento, rock galego de forza sete con ventos de compoñente nordés. A banda fórmase na Coruña en 2018 e, en 2020, lanza o seu primeiro traballo discográfico, “Hortensia” (2020), como aquel ciclón que pasou por Galicia nos anos oitenta e que moitos aínda lembramos.“Hortensia” é un traballo autoproducido, gravado e mesturado por Simón L. Caldeiro, e masterizado en Italia por Simone Pietroforte. Componse de sete furacancións, seis temas propios en galego máis unha versión, chamada "Tira Meu", que é unha adaptación ao galego do tema "Be Yourself” de Audioslave.Os catro furacaners que compoñen este proxecto son: F.J. Tren (voz), Borja Neira (baixo), David Pampín (guitarra) e Simón L.Caldeiro (batería).
Contratación
Borja Neira, Simón Lopez 678 920 379 (Borja) - 657 652 485 (Simón) furacanrock@gmail.com; borjaneira@gmail.com; simonlopezcaldeiro@gmail.com