“IN MEDIA RES” (2019) é o resultado da intensa colaboración musical entre o gaiteiro Javier Dapena e o guitarrista Javier Martín entre xaneiro e xullo de 2019, retomando así una interacción que tiñan aparcada desde 2005 cando deixou de estar activo o grupo folk-rock Mondopétriz.Sen un obxectivo declarado, e a centos de kilómetros de distancia, poden “pintar” cadros musicais cunha liberdade que nunca antes tiveran. “IN MEDIA RES” é un diario en clave dos seus compositores durante seis meses, coas súas inquedanzas, altibaixos e noites en vela. Non se plantexan restricións estilísticas á hora de compoñer e producir, si ben é certo que aparecen elementos rítmicos e arranxísticos claramente relacionados coa música tradicional e co rock como pilares básicos da educación musical e traxectoria dos dous músicos.O resultado é un exercicio meticuloso e rigoroso de composición e produción de música instrumental para ser desfrutada por afeccionados da música tradicional non excesivamente tradicionalistas, amantes do rock progresivo non demasiado estereotipado en busca de novas sonoridades ou simplemente persoas interesadas nunha expresión musical libre, regresando ao disco como fin artístico en si mesmo.Atemporal e imprevisto, xurdido nun momento no que tanto o pasado como o futuro difumínanse, reinterprétanse e deixan de ser o máis importante; con todas as incógnitas por diante e por detrás, empezando polo presente aínda que só sexa porque é o que temos mais a man, non hai outra opción que chamalo “IN MEDIA RES”.
Contratación
Dapena & MartínJavier Dapena Merlán. Javier Martín Carracedo 696 410 087 - 609 808 823 in.medias.res.dapenamartin@gmail.com