• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
A Compañía do Ruído

A Compañía do Ruído é unha banda galega que nace no ano 2002. Con máis dunha década de historia ás súas costas, conta con seis discos no seu haber. Actualmente está traballando na consecución do proxecto musical “O Punchi must go on”.

A Compañía está integrada por cinco persoas con diferentes traxectorias musicais que dan vida a unha orixinal mestura de estilos. Música, baile, retranca, divertimento e ritmo son os eixes principais do espectáculo.

Destaca a súa musicalidade á hora de combinar a música, o baile, e a instrumentación tradicional galega cos distintos folklores do mundo. Unha recolleita de elementos de cada cultura, que nos transportará a unha viaxe musical irrepetible, partindo dende Galicia con paradas en Irlanda, África, a Península Balcánica, e o Centro e Sur de América, entre outros.

A selección da instrumentación proporciónalle unha cor e un son únicos que farán voar distintas melodías e ritmos, sempre co punchi punchi como máxima expresión.

Suso Bello: Percusión, guitarra e voz; Sable Olivares: Gaita, percusión e coros; Ismael Guisande: Tuba; Andrés Rivero: Percusión; Vanesa Pérez: Baile, percusión e coros.

Contratación

A Casita Records
Suso Bello
(+34) 658 194 580
acompaniadoruido@gmail.com

Discografía

Pensares Galegos

A COMPAÑÍA DO RUÍDO

2013, A Compañía do Ruído

Había de chover merda

A COMPAÑÍA DO RUÍDO

2011, A Compañía do Ruído

A Compañía do Ruído

A COMPAÑÍA DO RUÍDO

2005, A Compañía do Ruído

Barruntando

A COMPAÑÍA DO RUÍDO

2004, A Compañía do Ruído

Só existe o ruído

A COMPAÑÍA DO RUÍDO

2000, A Compañía do Ruído

Vídeos

Gora!

A COMPAÑÍA DO RUÍDO

Berra!

A COMPAÑÍA DO RUÍDO

Milhomes

A COMPAÑÍA DO RUÍDO

Muiñeira Punki

A COMPAÑÍA DO RUÍDO

Tal vez tamén che gusten