No ano 2016 nace Tiberevi. Os irmáns Beatriz e Xabier Blanco emprenden unha viaxe conxunta na procura de novos sons a través do acordeón diatónico. Formados da man de Pedro Pascual, ás súas composicións nacen co desafío de explorar, imaxinar e concibir un universo musical propio. O seu repertorio, creado a base de equilibradas harmonías e suxerentes melodías e improvisacións, nos sumerxe nun mundo sonoro contemporáneo de raíz popular. O seu primero traballo discográfico, “Mentres as baleas dormen”, con temas como "Olas de alas", "Mar de plástico" ou "Nómada", fala sen palabras dos aconteceres do planeta que habitamos.
Contratación
Xavier Blanco. Beatriz Blanco. (+34) 649 610 287 - (+34) 609 440 379 tibereviduo@gmail.com