Logo dun par de anos xogando con temas de Pearl Jam como banda tributo, estes cinco amigos de diferentes localidades galegas deciden, en 2018, elaborar o seu propio Lego creativo con pezas que levan a marca Morrissey, Wilco, Joy Division, Golpes Bajos, La Dama Se Esconde ou Héroes del Silencio.O proxecto nútrese dunha formación clásica de rock —guitarras, baixo e batería—aderezadas con piano, programacións e sintes que proporcionan un matiz pomposo e atmosférico á crueza sónica da que gozaron os compoñentes na súa etapa como banda de versións dos de Seattle.O nome da formación xorde na sala de espera do dentista, cando Alberto Penas (voz, guitarra, piano) atopa un artigo dunha coñecida publicación científica: “Oito” minutos e “dezanove” segundos é o tempo que tarda a luz do Sol en chegar á Terra...O 7 de xaneiro de 2020 sae á luz o EP homónimo, “Ochodiecinueve”, con 5 temas gravados, mesturados e producidos por Arturo Vaqueiro en Abrigueiro Estudos e editado por Rock CD Records. Durante o proceso de masterización se presenta un adianto do traballo ao concurso Proxecto Demo 2019 de Radio3; o tema elixido é ‘Charla con la Parca’, que os sitúa entre os 30 semifinalistas a nivel estatal de case 500 bandas rexistradas.A banda presenta oficialmente o traballo o 7 de marzo na mítica sala coruñesa Mardi Gras e consegue un sorpresivo sold out no seu primeiro directo na cidade.
Contratación
Alberto 669 613 831 contacto@ochodiecinueve.com