Despois dos comezos con Micropuntos, de nove discos e ducias de concertos con Esquíos , e da fugaz experiencia con Gharabullo (que agardamos teña continuación), Xurxo Esquío atopouse coa necesidade de dar saída as súas composicións, mais sen compañeiros que o secundaran. Entón deu o paso, decidiu gravar el só e producir no seu Estudio Ysuspendo de Ouzande uns temas que son os que conforman o primeiro EP de Búfalo Vil, "Vilezas"; catro temas propios e unha versión de Surfin’ Bichos.Búfalo Vil é un crisol de músicas escoitadas e deconstruídas, que mestura a melodía The Ramones ou aThe Velvet Underground coa aspereza de Killing Joke ou Eskorbuto, sumándolle o cariz psicodélico de bandas como 13th floor elevators ou Electric Prunes... ou isto é o que lle gustaría pensar ao autor, se está errado ou non queda na túa descubrilo man despois de escoitar a Búfalo Vil.
Contratación
Jorge Rodríguez 663 109 884 jziuxar@hotmail.com