• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Maltine

Maltine é un dúo de rock alternativo formado en Santiago de Compostela, composto por Rocío Barrio, vocalista e letrista, e Pepe Hombre, á guitarra e bases.

A súa música bebe do blues, o punk e as bandas de rock alternativo dos 90 e principios do século XXI.

En abril de 2020, durante o confinamento pola COVID-19, publican o seu primeiro EP, "Interior Noite" (2020), con tres cancións: dúas escritas en galego (‘Non Sei’ e ‘Gárgola’), e unha en castelán (‘Calambre’). Está producido, gravado e mesturado por Iago Lorenzo (Heredeiros da Crus, Agoraphobia, Igloo), masterizado por Robin Schmidt (Placebo, The Black Keys, Wolf Alice), e con baterías gravadas en Plan B Estudio de José Bruno (Sex Museum, Calamaro, Fito). Durante a corentena tamén gravan o seu primeiro videoclip, que sae á luz en setembro de 2020.

Desde aquela, puidemos escoitalos en programas de radio de emisión estatal, como Turbo 3 ou Hoy Empieza Todo de Radio 3.

En decembro de 2021, Maltine publica o seu segundo traballo, "Saliva" (2021).



Contratación

Discografía

Saliva

MALTINE

2021, Autoeditado

Interior Noite

MALTINE

2020, Autoeditado

Vídeos

PADRÓN (Live Session Estudios Potemkin)

MALTINE

MOTOR (Live Session Estudios Potemkin)

MALTINE

MALTINE LIVE SESSION (Estudios Potemkin)

MALTINE

Calambre

MALTINE

Tal vez tamén che gusten