Moitos anos levan Quant buscando a canción perfecta. A formación ferrolá está composta por Óscar Quant e Alberto Amigo (Todo el Largo Verano), aínda que son moitos os músicos que pasaron pola banda.Logo dun conxunto de maquetas iniciais, entregan o single de vinilo “Margot Tenenbaum/Algo nuevo” (La Fonográfica General, 2007) e os seus primeiros longa duración: “New Adventures in Full Colour” (2009) e “Handmade, Homemade” (Quequeres Edicións/Rock Indiana, 2011).En 2018 fichan polo sello Ferror Records, co que editan tres discos: "Canciones menores en clave mayor" (Ferror Records, 2018), "Tales of the Unexpected" (Ferror Records, 2020) e "Basado en hechos reales" (Ferror Records, 2021). Con este último deciden reformular o grupo e achegarse ao castelán: "Despois de tantos anos, non quería volver a facer o mesmo disco outra vez, decidín que o seguiente sería algo novo e fresco na nosa traxectoria. Tamén tiña a ambición de poder levar estas mesmas cancións ao directo con solvencia e sen desmerecer as composicións", explica Óscar.
Contratación
Óscar Quant 679 569 326 oscarquant@gmail.com