• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
S4N7

S4N7 decide mostrarse coma único frontman dun grupo (como fixera nos noventa con Los Contentos) montando un trío de orquestración pouco convencional: batería, teclados+baixo e guitarra+voz. Este tipo de formación, aínda que non se da apenas no mundo do pop ou do rock, atopámola nun grupo mítico da historia do rock: The Doors.

Tirando de esta instrumentación, S4N7, sendo un trío, aproveitan ao máximo os recursos, conseguindo temas con forza e arranxos en plenitude que dificilmente poden acadar bandas con catro ou cinco membros. Nisto tamén inflúe o bo facer e experiencia de Ro Muñoz e Adrián Arias batería e teclado+baixo respectivamente, os outros dous integrantes da banda.

S4N7 naceu con vocación de quedar. Non pretende ser un grupo one-hit-wonder; pretende continuar na escena galega e internacional por moitos anos… tantos como alcance a vivir o seu creador, Piti Sanz. Esta é a súa influencia dos vellos bluesman, estar nos escenarios ata que o corpo aguante.

Contratación

Nalgures Producións SL
Merchi
982 25 02 45 - 628 13 37 15
contratacion@nalgures.gal

Discografía

S4N7

S4N7

2020, Sorte Discos

Vídeos

Todo sale mal

S4N7

Pasa nada pasa nada

S4N7

Dille que non

S4N7

Tal vez tamén che gusten