
Por se a alguén lle interesa sabelo, Grande Amore é o grupo máis ruidoso da súa xeración. Non o que mellor canta, non o que mellor toca, non o que mellor baila… pero si o máis ruidoso. Guitarra, ritmo e voz. Todo tan roto como sexa posible. Antes de subir ó escenario, parecen os Looney Tunes. Unha vez que suben, tamén, pero con moita distorsión arroupándoos. Os máis rockeros e os menos rockeros ó mesmo tempo. Como di Clara: “Nuestro instrumento es la actitud”.
Contratación
Ernie Records Josiño Carballo info@ernierecords.com