• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
A Sombra dos Soños

A Sombra dos Soños é o proxecto musical do compositor, guitarrista e cantante galego Jose Carballido, no que o rock e o metal conviven coa música tradicional galega e elementos electrónicos. Para dar vida a este universo sonoro, Carballido rodéase dunha sólida banda de experimentados músicos formada por Daniel Añón (guitarras), José Roca (teclados), Javi Carrión (baixo) e Diego Lestón (batería).

No 2023, a banda publica o seu primeiro álbum, titulado “I”. Ao longo de 2024 e 2025, o proxecto continúa con varios sinxelos nos que se acentúa a influencia tradicional e se incorporan pinceladas electrónicas que dan novos matices ao son da banda. Estas texturas conviven organicamente co rock que sempre estivo presente na súa música, combinando momentos intensos e contundentes con outros máis tenros e íntimos, sen deixar de lado a troula e o baile. Estas pezas acaban conformando o EP “Lembranzas Futuras”, que ve a luz en xuño de 2026.

Carballido amosa no seu proxecto a continua transformación que experimenta como músico e compositor, partindo das súas raíces galegas, da súa formación clásica e das influencias do rock, sen perder de vista as vangardas. A Sombra dos Soños é, en definitiva, unha proposta que une memoria e innovación, tradición e modernidade, na procura dunha obra atemporal nun universo propio e inexplorado.

Contratación

Chisco Pazos
686 666 148
contratacionasombra@gmail.com

Discografía

Lembranzas Futuras

A SOMBRA DOS SOÑOS

2026, Autoeditado

I

A SOMBRA DOS SOÑOS

2023, Autoeditado

Vídeos

O Meigallo

A SOMBRA DOS SOÑOS, LA REYES

Ti es vida

A SOMBRA DOS SOÑOS

Muiñeira dos Soños

A SOMBRA DOS SOÑOS

A Cantareira

A SOMBRA DOS SOÑOS

Muiñeira do Areal

A SOMBRA DOS SOÑOS

Tal vez tamén che gusten