• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Música Miúda

Música Miúda é unha banda composta por Irene Quinteiro, Miguel Alonso e Óscar Martínez, na que tamén colabora Manu Pazos. Naceu durante 2019 e percorreu gran parte da xeografía galega cos seus contacontos musicais e concertos en formato eléctrico. Neste proxecto combinan contos e cancións de creación propia, facendo especial fincapé na diversidade e a integración, e cunha perspectiva de xénero e de promoción da nosa lingua.

“Cambia o conto” (Galaxia, 2022) é o seu primeiro libro-disco, no que convidan a reflexionar sobre diferentes estereotipos e roles de xénero, femininos e masculinos. Neste traballo danlle a volta aos contos tradicionais, reinventando as súas personaxes e presentando outras novas, que desafían as imposicións dos xéneros.

Contratación

Irene Quinteiro Blanco
651 533 927 - 658600957
irene_quinteiro@hotmail.com

Discografía

Cambia o conto

MÚSICA MIÚDA

2022, Editorial Galaxia

Vídeos

A avoa Lola

MÚSICA MIÚDA

Eu serei o que queira

MÚSICA MIÚDA

O can Gabriel

MÚSICA MIÚDA

Xiana e a meiga Xela

MÚSICA MIÚDA

Tal vez tamén che gusten