
A Gramola Gominola é unha banda de rock&roll en galego para o público cativo. Nace en 2015 e está composta por Paco Cerdeira (Pakolas, Zënzar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe), Rodrigo Muñoz (Di Elas, Wealman, Lacón con Grelos) e Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe). Nestes anos deron centos de concertos poñendo ao público en pé cos cornos en man. Premio Martin Códax da Música 2018 ao Mellor Grupo de Música Infantil, teñen xa tres libros-CD no mercado publicados pola Editorial Galaxia. O seu traballo máis recente é o álbum "BRAVAS. O Rexurdir Da Luz". Coa música deste último disco e con algún dos éxitos dos seu anteriores traballos crean un espectáculo de auténtico rock&roll que pon en valor ás superheroínas e os seus superpoderes. As súas protagonistas: a Megatronca, a Lebre Chouteira, Superlingua, Paz, a Banda Pica Pica e moitas máis empregan os seus poderes para loitar contra o abuso escolar, defender a lingua, protexer a natureza e visibilizar as emocións. Un concerto rockeiro coas máis BRAVAS; mulleres que inspiran e dan luz ao mundo.
Contratación
Distribución Kandengue ArtsMaría Mariño (+34) 698 147 660 kandenguearts@gmail.com