Lydia Botana (Bolboreta) é unha música e pedagoga musical de espírito aventureiro que voou polo mundo como unha bolboreta, compartindo a música que compón e canta en varios idiomas por todos os continentes, mesturando e aprendendo diferentes culturas que transmite nos diversos espectáculos que produce para todo tipo de públicos.Formou parte de diversas agrupacións tanto de rock, pop, reggae, ska, punk, como ensembles de percusión, bandas sinfónicas ou dirección de coros.Produce diferentes propostas artísticas orientadas á infancia compartindo recursos educativos musicais para familias e profesorado destacando “De aquí cara alá”, un proxecto didáctico para público infantil que parte do ámbito da educación musical como eixe vertebrador de contidos que tamén abarcan outras áreas educativas que conta cunha serie audiovisual, un libro-disco e videoclips con karaokes e coreografías.Comprometida coa divulgación e promover o uso do idioma da súa terra materna, o galego, realiza espectáculos como “A feira das linguas” e diferentes cantacontos. Dentro do xénero do teatro musical creou espectáculos como “Mundo Mamemo” na súa versión en español ou francés.Dotada dun gran sentido da comunicación e empatía cos nenos e as nenas, a súa maxia e presenza escénica permítelle capturar o corazón das persoas que desexen afondar no mundo máxico dos contos e a música.