
Unha harmónica e un loopstation; ese é o punto de partida de Groovy Harp, o proxecto deste músico picheleiro do ‘71 que responde ao nome de Pablo Llovo.A partir de aquí, tema tras tema, o seu firme propósito de liberdade creativa —o único que se impuxo— levaralle a moverse por estilos e sonoridades de maneira incerta, pero incerta na súa acepción de modificable, transformable.Alguén definiu “La Mer” como “ese bucle dixital, a alma analóxica do proxecto, ten o matiz da tradición máis sólida con aromas á electrónica europea clásica. Bravo”. (Pablo Villanueva).De “La Mer”, Groovy Harp salta a “Lobiño Contra O Coronavirus”, unha rockeira canción infantil para facer rir aos máis pequenos, e a quen non o é tanto, en épocas un tanto escuras… e queda tan ancho! Impredicible, Groovy Harp.
Contratación
Pablo Llovo. thegroovyharp@gmail.com