DôN é unha banda ourensá xurdida durante a pandemia da COVID-19, cando Miguel e Iván Caride comezaron a producir as cancións escritas por Ana Blanco no seu estudio da Batundeira (Ourense). Son cancións con coidadas melodías, accesibles e directas, cuxas letras van desde o íntimo e persoal ata a crítica social, sempre cargadas da fonda sensibilidade feminina que proxecta a súa autora.Unha vez liberados do confinamento, seguiron a traballar no estudio, momento no que se incorporaron o guitarrista Miguel Inaraja e o baterista Óscar Pérez Feijoo, para formar unha banda en directo.A banda toca rock melódico nalgún lugar entre o indie rock e a música de autor, con influencias variadas, pero cunha marcada personalidade propia.En canto á súa formación, o dato máis curioso de DôN é a diferenza de idade entre os seus membros, o que a converte nunha banda interxeracional que aproveita a veteranía e a mocidade, a experiencia e a frescura.En outubro de 2022 a banda publicou, a través de plataformas de streaming, o seu primeiro sinxelo “Ya no me dejo caer” xunto cun videoclip, realizado por Óscar Doviso de Zinemusik.
Contratación
CANCIONES REBELDESJOSE MIGUEL CARIDE DOMINGUEZ 609 103 946 contacto@don-banda.info