
Iseo Agilda invocou a måi varios anos antes de que, grazas a Tomás Ageitos na produción e arranxos, puidese atopar o camiño para sacala á luz en maio de 2022, cos cellos de Margarida Mariño que a fan encarnar en plenitude. Hai algo de proceso ritual nestes temas. As percusións e os ritmos tradicionais aferran a terra para poder chegar lonxe cunha voz sen peso. Os cellos son o fío que a manteñen ligada. A electrónica é un elemento tan natural como o parche ou a corda. Non hai fidelidade a tradición ningunha, non hai relixión. Pero si hai religamento e o uso libre daquilo que nos fai ser quen somos para atopar un certo sentido de pertenza que todo o abarca. måi é un canto á vida, ao fío que a tece, para, por un intre, ser ela.A banda en directo complétana Icía Sanmartín nos coros e pandeireta, Migui Carballido na percusión e Cris Asenjo no teclado.“Nigredo” é o seu primeiro disco, cun deseño de son minimalista e unha produción moi mimada. Oito temas que vén expandido o seu personal universo a través dunha potente imaxe que o acompaña tanto nos vídeos como nas editoriais. Nin a curiosa elección do formato físico do disco alónxase do concepto deste.
Contratación
CharlatanaEva 637 756 129 - 659329661 ola@charlatana.org