Ola. Son Petardo. Teño a unha orquestra marciana dos anos sesenta encerrada no meu ordenador. Dende hai 20 anos ou así. Sun Ra é o meu deus, Zan Hoffman o meu mentor e Jose Guerrero (de Discos Mascarpone) meu salvador.Odio esas fotos nas que todos os membros do grupo levan gafas de sol, as biografías de artista que parecen saídas do LinkedIn, os recitais de señores feos acompañados de portátiles (é por iso que non actúo en público) e, por riba de todo, a música sen sentido do humor."A estrutura mata o arte" é o meu lema.