
crnds é compositor, produtor e fundador do selo independente Lindisfarne. Despois de publicar varias colaboracións con artistas como Cibrán Seixo ou Sandra Monfort a través desta plataforma, o produtor lanza “Inerte” (2020) a súa primeira referencia en solitario; un single gravado durante o confinamento a causa do COVID-19 en Compostela.Actualmente, o artista atópase en pleno proceso de gravación do seu primeiro álbum; un traballo onde crnds dialoga coa electrónica máis experimental e a música tradicional galega. O seu achegamento á música de raíz vai desde a descontextualización e incorporación da linguaxe rítmica ata o sampleo de material sonoro de arquivo.
Contratación
LindisfarneAlberto 670 934 434 lindisfarne.contacto@gmail.com