Pode unha caixa de ritmos danzar ao ritmo dunha muiñeira? Existen puntos comúns entre un aturuxo e unha sesión de clubbing? Poden os ritmos de antonte soar ós de pasado mañá? Hai espazo para que a música folclórica galega trascenda a territorios máis propios das vangardas musicais?As Rías Baixas son o noso Amazonas. Así o deixa claro BAIUCA, novo proyecto capitaneado por Alejandro Guillán (coñecido por proxectos como Alex Casanova), onde consegue combinar o máis avanzado e vangardista da música electrónica e as raíces máis salvaxes e puras da súa Galicia natal. Un reinicio neotradicionalista que mantén o cable a terra nas raíces pero que conecta cas tendencias máis avanzadas da música electrónica: con tanto de reivindicación cultural e política, como de resignificación dos símbolos tradicionais e quitando o sambenito de “casposo” ás músicas de raíz, levándoas ao terreo do contemporáneo.Un diálogo entre a Galicia de antonte e a de pasado mañá. Iso é o que consigue proxectar a música de BAIUCA, que emprega samples de instrumentación tradicional (cunchas, frautas, gaitas, pandeiretas, ocarinas…), pero pasado polo filtro dunhas bases que se moven entre o techno, o global bass ou as cavilacións da música house dende unha perspectiva tan exploradora e xeosónica coma accesible para a pista de baile. O seu primeiro álbum longo oficial leva por título “Solpor” (Raso Estudio, 2018), acaba de saír e está publicado por Raso Estudio.
Contratación
Raso EstudioAlan 654 139 868 alan@rasoestudio.com