• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Zavala

Zavala é o proxecto musical de Carla Romalde (voz, frauta traveseira), Ana Lage (baixo, piano, acordeón, coros), Elena Zas (piano, viola, coros), Carlos “Kos” Castro (programacións, bases, visuais) e Víctor Ledo (guitarra, coros).

A banda mestura os aspectos máis orgánicos e melódicos da música con texturas e bases electrónicas, sons contemporáneos con matices, ás veces, do tradicional. As letras, intimistas e persoais, colorean o amplo abano musical, que vai desde o máis acústico e simplista a pasaxes máis sintéticas.

Zavala aséntase na música galega cunha proposta innovadora, contemporánea e moderna que mira de fronte ás novas texturas sonoras, con guitarras sintetizadas, samples, sintetizadores e bases electrónicas, que mesturan de xeito natural con guitarras acústicas, pianos, frauta traveseira ou acordeón.

Con todo ⁠—alén de matices, produción e sonoridades— o verdadeiramente destacable de Zavala é a canción; coidada de xeito particular, con letras que evolucionan a cada paso e cunha apertura ampla e diferenciada musicalmente, pero que se aglutinan nun todo que caracteriza o seu son persoal, cunha produción propia. Destaca tamén a voz de Carla Romalde, as melodías dos coros e a fusión do melódico e o orgánico.

Zavala, desde as cidades de A Coruña e Ferrol, cunha fusión de música acústica e electrónica, uns textos persoais e unha proposta innovadora.

Contratación

605 345 338
somoszavala@gmail.com

Discografía

Pequeno manual para grandes cambios I (teoría e práctica)

ZAVALA

2023,

Vídeos

Todo o que quixen

ZAVALA

A tormenta dos pasos errantes

ZAVALA

O domingo eterno

ZAVALA

Tal vez tamén che gusten