Xandre Millet, nado en Aguiño (Ribeira) en 1999, recibe formación musical desde curta idade, formándose en diversos instrumentos, pero foi con 15 anos cando comeza a dar pequenos concertos polos bares da súa localidade presentando as suas cancións.Con 17 anos comeza a gravar o seu álbum debut, “Experiencias” (2017), que estrea con 18 anos e que tivo moi boa acollida grazas a súa canción ‘Alzarei’. O seu primeiro disco lévao a realizar concertos por diversas localidades da nosa comunidade, en radio e televisión.En 2018 estrea a súa primeira panxoliña, ‘Chega o Nadal’. No verán de 2019 fai o propio coa súa versión do tema ‘Adiós ríos’ de Rosalía de Castro. En Decembro dese mesmo ano saca o tema ‘Campás’, co videoclip gravado na catedral de Tui.En xuño de 2020 lanza a canción con videoclip ‘Mariló a Cubana’. Esta peza, baseada nunha historia real, trata o tema da emigración e, sobre todo, homenaxea ás mulleres emigrantes. A canción recibe moi boa acollida e por vez primeira é escoitada en países como Arxentina ou Uruguai.En abril de 2021, en plena pandemia e coa colaboración da Orquesta SONS, realiza desde a casa unha nova e diferente versión de ‘Alzarei’; e, en xuño, lanza a súa versión do himno galego.En 2022 e 2023 céntrase na gravación e produción do seu segundo disco, “Moi Noso” (2023), o cal ve a luz no mes de abril de 2023.
Contratación
Xandre Millet 682 647 303 xandremillet@gmail.com