
BRUTAL é unha banda de metalcore afincada en Pontevedra. Evoluciona desde as raíces de Brutal Distracción, mítica banda da cidade, retomando a actividade en 2012. Presenta nesta nova etapa un EP titulado “Amnesia” (2014) e un LP titulado “Grita más fuerte” (2019).En outono de 2023 presenta o seu novo traballo, “22820”, gravado e producido nos Unreal Estudios de Marín (Pontevedra) por Zoilo Santiago, do mesmo xeito que as anteriores producións da banda. Ademais, “22820” foi masterizado por Diego Bea Besada nos BeaBesada Estudios de Gondomar.Este novo disco sobe a aposta de BRUTAL con temas máis elaborados e contundentes, melodías vocais e instrumentais características da banda, levados un paso máis aló. O disco consta de 10 novos cortes nos que se dá renda solta á creatividade, engadindo novas sonoridades nunca antes usadas pola banda, sen poñer ningún tipo de límites ás novas cancións.BRUTAL será a primeira banda de Galicia que edita o mesmo traballo en dous idiomas distintos, galego e español.BRUTAL inicia a súa xira de presentación en outono de 2023.
Contratación
Isidro Otero Pérez / Adrián Martinez Campos 696 099 097 - 617 213 166 oficialbrutal@gmail.com