• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Mano de Piedra

Mano de Piedra fórmase a finais de 2016 con músicos de recoñecidas bandas galegas (Supa Scoopa, Sem Resposta, N.O.T., Carcomedhi) confluíndo nunha amalgama de influencias do máis diversas: stoner, hardcore, metal, hardrock ou crust.

A banda está formada por Nano Galez (voz, guitarra), David Durán (voz principal, batería), Fran Álvarez (baixo, coros) e Mano García (guitarra, coros). O son da banda poderíase definir como cru, pesado, directo e distorsionado.

En decembro de 2017 auto editan o seu primeiro traballo en formato EP dixital como carta de presentación; un EP de 4 temas con produción íntegra da banda co traballo de mistura e mastering do seu baixista Fran Álvarez.

Os directos da banda destacan pola súa intensidade de principio a fin, e están abalados polas táboas de músicos con máis de 20 anos pisando escenarios de toda a península.

O primeiro longa duración da banda é "Today's Ashes" (2019). Este traballo está composto de 8 cancións nas que se fala da decadencia da especie humana e a súa travesía dende a luz ata as sombras e o fin da súa existencia. O disco foi producido, gravado e misturado por Iago Lorenzo (Awooga, Amplifier, Voltaica, Supa Scoopa, Agoraphobia, Presumido, Furious Monkey House). O mastering correu a cargo do enxeñeiro Robin Schmidt (Black Keys, Placebo, The 1975, Don Broco, Biffy Clyro, Beatsteaks) de 24-96 Mastering. Tódolos deseños do disco son obra do batería e cantante David Durán.

Contratación

Mano de Piedra
Fran Álvarez
607 947 294 - 606 080 976
manopiedramano@gmail.com

Discografía

Today's Ashes

MANO DE PIEDRA

2019, The Braves Records, La Fosa Nostra, Hecatombe Records, Hombre Montaña, Base Record Production, Odio Sonoro, Violence in the Veins

Mano de Piedra - EP

MANO DE PIEDRA

2017, Mano de Piedra

Vídeos

We are Sickness

MANO DE PIEDRA

Ancient Gods

MANO DE PIEDRA

Tal vez tamén che gusten