A Orquestra Galega de Liberación está conformada por un ensemble de 20 músicos residentes en Galicia reunidos arredor a música de vangarda, á procura de novas formas de creación espontánea, e á improvisación como fonte de investigación.Un proxecto en proceso constituído por artistas e intérpretes recoñecidos nos distintos eidos do mundo clásico, do jazz, das músicas de vangarda e da performance. Unha vintena de músicos cun percorrido vital e unha traxectoria internacional que en poucas ocasións atopamos dando a luz un proxecto tan contemporáneo, tan ambicioso e tan ancorado no noso hábitat musical de vangarda.Malia súa curta vida, son xa tres os traballos discográficos que lexitiman a traxectoria da Orquestra Galega de Liberación. Toda a música destes tres álbums foi improvisada no momento e composta a tempo real mediante técnicas de improvisación dirixida; ningún material viña pactado, aprendido, ou composto previamente. Estes tres discos son tres concertos íntegros realizados en Compostela, Narón e Tui, entre os anos 2020 e 2021.
Contratación
Jazz from GalizaXacobe Martínez Antelo 679 364 883 xacobemartinezantelo@gmail.com