• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Samudra Trio

A nosa HISTORIA:

Nos antigos textos védicos emprégase a palabra Samudra para referirse ao océano como auga que une á terra. Do sánscrito 'sam’ (unión) e ‘udra’ (auga), Samudra (समुद्र) significa “unión das augas”.

Así mesmo nesta agrupación, mimetizamos esa unión (fusión) de tres aguas,tres timbres e tres mulleres intérpretes.

Somos Laura Lorenzo Rodríguez (frauta), Jimena Andión García (cello) e Yamini T. Prabhu Barretto (piano) e unimos os nosos camiños en 2019 para amosar unha nova visión da música de cámara no panorama galego cunha formación pouco común.

A nosa FILOSOFÍA:

Desde as nosas orixes e vivencias, xorden os sons que conforman os tres timbres cos que buscamos explorar as posibilidades sonoras dos nosos instrumentos musicais: frauta, cello e piano. Vento, corda e tecla.

Samudra Trio nace do diálogo, da escoita e da curiosidade.

O noso interese polo repertorio descoñecido alén das correntes occidentais e a recuperación do patrimonio musical levounos a explorar máis alá do repertorio orixinal para a devandita formación e a incorporar obras de compositores e compositoras esquecidas así como a realizar adaptacións para trío. Co percorrido polos ritmos do continente americano, intercalado polas sonoridades da Europa clásica ata as cores das moitas e variadas músicas de Asia, amosamos a riqueza dun mundo diverso.

En Samudra Trío compartimos as múltiples músicas clásicas do mundo, que son tantas e tan individuais como as culturas e as persoas que forman parte del.

Contratación

Laura Lorenzo Rodríguez
679 750 122
contacto.samudratrio@gmail.com

Discografía

Odisea

SAMUDRA TRIO

2022,

Vídeos

Nemetanos: III. Muiñeira - Rogelio Groba

SAMUDRA TRIO

Paquito d'Rivera: Danzón (Live Recording).

SAMUDRA TRIO, LAURA LORENZO (FLAUTA), JIMENA ANDIÓN (CELLO) E YAMINI PRABHU (PIANO)

Ravi Shankar: L'aube Enchantée sur le Raga Todi. Introduction. [Live Recording]

SAMUDRA TRIO, LAURA LORENZO (FLAUTA), JIMENA ANDIÓN (CELLO) E YAMINI PRABHU (PIANO)

Tal vez tamén che gusten