• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Roberto Alonso Trillo

Este proxecto responde a unha das facetas desa busca continua que articula, a distintos niveis, a miña relación co violín. Pretende recoller a creación viva que, ampliando o repertorio do instrumento, reflicte a voz do home actual, a súa reflexión, as súas inquedanzas. O proxecto non parte de ningunha idea mestra, escapa de apriorismos, senón que se propón presentar obras compostas (expresamente, coa única excepción de O Pulcre Facies) coa absoluta liberdade que lles permite ós compositores profundar nas súas liñas de traballo, nas súas preocupacións, nas súas diferenzas e nas súas similitudes descoñecidas. Recolle tamén parte da miña experiencia profesional durante os últimos anos, o traballo de compositores galegos novos (Fernando Buide, Eduardo Soutullo e Octavio Vázquez), españois (Tomás Marco e David Gálvez) e latinoamericanos (Samuel Robles) que, coa súa importante proxección internacional, son a historia viva da música contemporánea. A eles débolles a miña gratitude, á súa dimensión humana, á súa música, por enriquecer o meu mundo, a miña personalidade, a miña relación co violín. Tamén a Olga Gollej, excelente pianista, gran músico e inmellorable canalizadora de proxectos imposibles. Trátase dunha pequena achega, o que eu definiría como un retorno a un diálogo puro e nu co instrumento, á “inescapable soidade do músico (do artista)”, trátase polo tanto dunha viaxe de introspección. O proxecto está dedicado cun cariño especial á figura de Francisco Comesaña.

Contratación

Roberto Alonso Trillo
(+34) 633 837 329 - (+34) 986 470 862
robertoalonso@mac.com

Discografía

Solo - Violín Contemporáneo

ROBERTO ALONSO TRILLO

2013, Ouvirmos

Vídeos

Recitativ-aria-scherzo (Eduardo Soutullo)

ROBERTO ALONSO TRILLO, OLGA GOLLEJ

O Pulcre Facies (Fernando Buide)

ROBERTO ALONSO TRILLO

Tal vez tamén che gusten