
Auto Sacramental é o proxecto de Jorge Mills, músico madrileño afincado en Santiago, con influencias que van do synth pop ao pospunk e letras cargadas de ironía e sátira política.En 2019, Auto Sacramental debutou cun EP dixital producido por Guille Mostaza no que exploraba a mística da España negra a ritmo baile e que incluía o trallazo de synth punk ‘Sierra Norte’, considerado un novo himno alternativo por medios como Jenesaispop. En 2021 estreou o seu primeiro álbum, “Cuestión de fe” (2021) do que saíron varios singles, entre eles ‘Vigilia’ (unha balada de synth pop apocalíptico xunto coa madrileña Caliza), ‘Demonología’, ou ‘Segunda Venida’, cun vídeo do cineasta galego Javi Camino protagonizado pola artista compostelá Elba Souto.En 2024 entregan o seu primeiro LP, editado en vinilo por Ferror Records, “Diario de la plaga” (2024), un traballo tan intenso como brillante que conta coas colaboracións de Álvaro García de Biznaga, Ela Rea, Adrián Bremner (VVV [Trippin'you]) e Elba Souto.A nova formación para directos de Auto Sacramental é: Jorge Mills (voz, sintes, sampler), Beta (baixo, coros) e Pedro Solla (guitarra).
Contratación
Jorge Mills sacramentalauto@gmail.com