El Último Ciclista é o proxecto musical de Gabrulo García, montevideano de adopción por terras galegas.Co impulso de terse mergullado na creación durante as noites do ano pasado, sae á luz un primeiro disco de doce cancións indie pop iberoamericano que dan pedal a esta aventura ciclista.“Tomando este camino” (2023) gravouse integramente no estudio Cruz del Sur, a escasos metros do estadio de Balaídos, baixo a coprodución de Sergio M. Puga e mesturado en Madrid por Lucas Piedra Cueva, irmán de aventuras musicais de toda unha vida.Para interpretar este repertorio en directo, a banda triangula con membros da Coruña, Vigo e Ferrol; mentres saen á luz, mes a mes, os primeiros cortes de difusión: “Empecinado” e “La Esperanza del Gusano” ft. Miguel Ángel Escrivá (Santero y Los Muchachos).Aínda que o disco ten un son e unha instrumentación clásicas, as cancións deambulan entre o humor, a melancolía, o existencialismo e as fantasías. As harmonías e as letras sinxelas son a clave da linguaxe utilizada para contar situacións da vida cotiá.
Contratación
EL ÚLTIMO CICLISTA 675 105 217 hola@elultimociclista.com