Miguel Moldes é un guitarrista e cantautor radicado na cidade de Vigo, aínda que nado en Sanxenxo. Cativado xa nunha idade moi temprana polo feitizo da expresión musical, Miguel comezou moi cedo a tocar a guitarra con bandas como Los Wavy Gravies, Dead Wood ou Vatapá. Con todo, non foi ata ben entrados os vinte anos cando a súa habilidade coma guitarrista deu paso a unha personalidade artística máis complexa coma compositor entregado e músico intimista.As súas letras, acompañadas de melodías limpas e conmovedoras, afondan nos seus propios sentimentos, pero tamén en experiencias do máis universais, coma a nostalxia, a memoria ou a angustia existencial. O seu álbum debut, “Fairground Ballads” (2025), está innegablemente ancorado na profunda conexión que Miguel amosa, tanto coa singularidade do espazo que habita, como coa súa honestidade musical, e, ademáis, é unha galería na que os sentimientos de morriña e soidade comparten espazo cun vasto despliegue de influencias literarias e musicais: mesturando a poesía de García Lorca co son do blues e do folk.En “Fairground Ballads”, Miguel acompáñase dos amigos e músicos Sandra Gómez (Sanny), Anxo Paz (ForaOstias) e Alejandro Neira (Boa Sunet), acadando un disco exquisito que abre unha fiestra ó universo dun artista que, non soamente é un soplo de aire fresco, senón un auténtico remuíño.
Contratación
Miguel Moldes 660 859 475 miguel.moldes.carballal@gmail.com
